O Centro de Día e Fogar Residencial encóntrase no pobo de A Laracha, pertencente á comarca de Bergantiños, na Coruña.

O centro oferta ambos servizos, o cal contribúe á participación social en diferentes áreas de tódalas persoas usuarias do mesmo. Todas elas comparten as rutinas do centro, dende as actividades básicas da vida diaria, como o xantar ou a deambulación; ata as actividades preferidas por eles, como a horto- terapia no gran xardín da parte posterior do centro ou a lectura do xornal con posterior debate sobre o mesmo.

Outras das actividades que se realizan en condicións habituais e máis desfrutadas polas persoas usuarias, canceladas ante a situación actual; son as saídas ó exterior, cando imos mercar polo pobo ou saímos a tomar un café, contactando co entorno máis preto ó centro.

Todas as persoas usuarias do centro, tanto de centro de día coma do fogar, manteñen unha moi boa relación, e adoitan coincidir nas eleccións relativas ás actividades, saídas, menús, etc; formando un gran grupo!